⚠️ Carballo entra en situación de prealerta por escaseza moderada de auga

8 July, 2026

A Xunta de Galicia, a través da Oficina Técnica da Seca, vén de activar a situación de prealerta por escaseza moderada de auga na conca do río Anllóns, o que afecta directamente a Carballo e a outros municipios da contorna. No noso concello, a existencia dunha dobre captación de auga no Anllóns e no Bardoso garante o subministro. 🚫 Que implica para os veciños e veciñas de Carballo? Neste escenario de prealerta non hai restricións drásticas no consumo, pero si é fundamental a colaboración de toda a cidadanía para evitar problemas no futuro. Prégamos que fagades un uso da auga o máis responsable posible. Recomendacións para o fogar: 🔸Evita os consumos prescindibles: non utilices auga potable para o enchido de piscinas, lavado de coches ou o rego de hortas e xardíns. 🔸Dúchate en vez de bañarte, pecha a billa mentres lavas os dentes ou te afeitas, e utiliza as funcións 'eco' na lavadora e no lavalouzas. Grazas por colaborar