Carballo, en situación de alerta por escaseza de auga
A Xunta vén de elevar de prealerta a alerta a situación na bacía do río Anllóns ante o descenso continuado dos caudais durante os últimos meses. Desde o Concello reforzamos as medidas de aforro para reducir ao máximo os consumos municipais prescindibles: 🚫 Cancelamos, na medida do posible, as regas de xardíns e zonas verdes 🚫 Suspendemos os baldeos de rúas ⛲ Pechamos fontes ornamentais e públicas 🏖️ Deixamos fóra de servizo as duchas e lavapés das praias 💧 Reduciremos calquera outro uso municipal de auga que non sexa imprescindible Estas medidas súmanse ás que xa viñamos aplicando desde a declaración da prealerta o pasado mes de xullo. 🙏 Pedímosche tamén a túa colaboración. Evita os consumos innecesarios e utiliza só a auga que precises. Cada litro conta.