Seguimos coa posta a punto dos aparcadoiros municipais

24 August, 2026

O equipo de Aspaber continúa estes días cos traballos de roza e limpeza en distintos estacionamentos da zona urbana. 📍 Martes 25 de agosto, desde as 7.30 h ▪️ Aparcadoiro da rúa Mahón ▪️ Aparcadoiro das rúas Río Sil e Río Deza 📍 Mércores 26 de agosto, desde as 7.30 h ▪️ Aparcadoiro da rúa Río Miño ▪️ Aparcadoiro da rúa San Martiño, fronte ao antigo edificio de Correos 🚧 Os espazos quedarán pechados temporalmente para poder realizar os traballos con seguridade e axilidade. 🙏 Grazas pola colaboración e lembrade retirar os vehículos antes do inicio das actuacións.